FORO FILLOS DO VENTO KITE-CLUB
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

comentarios na Aguieira

3 participantes

Ir abajo

comentarios na Aguieira Empty comentarios na Aguieira

Mensaje  rrodriguezNT Sáb Jul 11, 2009 1:01 pm

Bos dias!

Aínda que dende a orilla, sigovos no posible para non perder de vistas as cometas.

E así andaba eu, pastoreando, o pasado xoves na Aguieira, aló na esquina SW, onde o chiringuito. E algún movemento un pouco estrano si que vin. Cometas que caían na praia moi perto da xente que paseaba, algunha táboa que se acercaba probablemente demasiado á xente que estaba no auga e a alguén se lle ocurriu meterse na ría e creo que cruzou algún comentario con algún bañista.

Como estaba tomando un Kas no chiringuito, tiven oportunidade de escoitar comentario pouco agradables :-(

O día estaba perfecto para aprender, non facía moitísimo vento e algo de calorciño sempre axuda. Ese a esquiniña da Aguieira é perfecta para iso... pero tamén haiche xente que prefire andar a pé ou nadar de vagariño! Qué lle imos facer, ninguén é perfecto!

Algo teño lido sobre problemas deste tipo polo sur, sobre todo en San Simón. Non estaría nada ben que tiveramos algún problema tamén por eiquí arriba!

Espero que non vos importe que salte no foro para facer este tipo de comentarios. Pero realmente penso que sería bo pensar nalgún tipo de "sinalización", se iso fora posible, na zona SW da praia cando haia xente practicando. E probablemente non sexa boa idea meterse na ría. A tentación é enorme: o auga está como un plato! Pero é pequena e non caben cometas e bañistas...

Agradécese calquera idea!

Saúde!

Ricardo

rrodriguezNT

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 04/02/2009

Volver arriba Ir abajo

comentarios na Aguieira Empty Re: comentarios na Aguieira

Mensaje  CarouKite Lun Jul 13, 2009 2:55 pm

Eu tamen penso que se deveria poñer algun tipo de señelizacion para evitar acidentes.. pero este tema xa ahi moito tempo que se falou..
nos dende o club tivemos unha reunion co alcalde e entre outras cousa tamen se falou de este tema...solo espero que non teñamos que esperar que haxa un acidente para facelo..
creo que fun eu o que tuvo unha pequena discusion con un vañista.......por moita precaucion que se teña sempre vai haber xente que proteste

veña....un saudo Sad
CarouKite
CarouKite

Mensajes : 177
Fecha de inscripción : 18/09/2008

Volver arriba Ir abajo

comentarios na Aguieira Empty ..

Mensaje  Santi Jue Jul 23, 2009 2:46 pm

Levamos pelexando unha boa temporada para que poñan unha zona de kite, e creo lembrar que o último que eu escoitei que dixeran no concello é que crían os carteis estaban feitos pero que eles non os tiñan, qu8e probablemente os tiveran nçen Nalú (o cal non confirmo porque o descoñezo). De todas formas, si que nos mesmos deberiamos poñernos límites, pero a ninguén lle gusta chamarlle a atención a un compañeiro. Aínda así, son dos que penso, que sempre hai quen proteste: cando faciamos windsurf tamén protestaban, cando xogabamos ó futbol, protestaban, .......e como lle dixen unha vez a unha señora: se lle molesto menos, en vez de facer deporte,traerei un pico de heroína para estar tranquilamente detras dunha duna.

Santi

Mensajes : 154
Fecha de inscripción : 25/09/2008

Volver arriba Ir abajo

comentarios na Aguieira Empty Re: comentarios na Aguieira

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.